jueves, 8 de noviembre de 2007

Política Directa, XA?

A extinta relación entre política e territorio que se produce no bierzo demostra o mal funcionamento da admiistración que envuelbe o sistema político berciano. O pouco nivel de desenvolvemento que existe, con numerosos pobos desaparecidos e outros apunto de desaparecer non supón un suficiente estimulo para a clase política berciana que obedece máis a intereses políticos propios e de partido, que aos problemas que nacen das demandas cidadás. A vertebración da rexión é inexistente, a protección dos movementos culturais nin se menciona, e a preocupación polo desenvolvemento de novos sectores non é nin tan sequera unha espectativa de futuro para os nosos políticos. Cando o desenvolvemento proveniente de sectores que actualmente equilibran a balanza socio-economica cesamento, o nivel de desenvolvemento que habra recaido sobre a rexión berciana non supondra o nivel medio de europa e os fondos que noutros tempos servian en teoria para a conxuntura economica das rexións desfavorecidas se habra perdido. O nexo de unión entre sociedade e política non é real, por que non existe a realidade que traballa a clase política, non existe unha política de continuidade historica que se relacione cos dereitos dos cidadáns, non existen posibilidades de vinculos entre os homes e a terra por que no bierzo non se constrúe para unha especifidad: agricola, musical, arquitectonica, medica, etc. Se a solución só pasa pola política, ou cambiamos aos políticos ou votamos algo diferente, este rezonamiento tampouco é posible no bierzo, a liberdade de voto non é unha posibilidade que determine a política que se deba executar no futuro ao carecer de circunscrición electoral propia, co que os votos dos bercianos non examinan o traballo dos políticos senón que forman parte dun ente provincial que aglutina intereses e que decide polos demas.

1 comentario:

Xabier Lago Mestre dijo...

apertas de Xabier Lago, acabo de ver o teu blog bercianistas por un casual. soamente dicirche que me parece moi bo. Conta comigo para luitar pola liberzón do noso Bierzo. Estou en falaceibe@yahoo.es
www.obierzoceibe.blogspot.com