domingo, 6 de abril de 2008

Un posicionamiento forte

Ante o constante intento das institucións de fóra da rexión por disociar o pensamento creador berciano, da actividade humana berciana, impondo tendencias culturais, arquitectónicas, políticas, socioeconómicas, etc... O bercianismo non pode ter dúbidas á hora de establecer accións básicas de activismo social e político, que na miña opinión deberían basearse en dous puntos:
1.-Reconstrución do noso.
2.-Loitar contra quen nos impida levar a cabo esa reconstrución.
Esta loita ha de facerse desde un posicionamento forte favorecendo un fluxo de información constante facía a sociedade e conseguindo que se mostre participativa coas iniciativas bercianistas e dedicando un gran esforzo a explicar dunha forma tallante cales son os límites políticos da rexión berciana. Debería consolidarse a idea de que as seculares tradicións bercianas son especialmente reivindicativas da existencia do pobo berciano, de que son a propia esencia da existencia da rexión berciana e de que son a base cultural do activismo político xa que o pensamento político nace da influencia dunha contorna cultural diferenciado. O que un pobo como o berciano durante centos de anos manteña unhas características propias, non permite expresar unha idea abstracta da existencia do noso pobo, senón unha idea clara do que foi unha convivencia histórica e que creou uns lazos humanos propios en toda a rexión, esta razón é suficiente para unha defensa firme da existencia do noso pobo.

4 comentarios:

Xabier Lago Mestre dijo...

grazas polo teu traballo a prol do galego do Bierzo. Que saibas que non será un esforzo baleiro pois co tempo os bercianos se darán de conta da importancia de manter este legado lingüístico da rexión nosa. Puxa o Bierzo ceibe!! www.obierzoceibe.blogspot.com

Anónimo dijo...

Serxio, ¿qué pasa con el llionés del bierzo?¿No es algo propio del bierzo?¿los bercianos no lo vamos a defender?¿no es un legado lingüístico de nuestra tierra?
Un saludo y mis felicitaciones por el blog

Serxio dijo...

Gracias por el comentario. Siempre he pensado que en el bierzo debe ser posible defender todo lo que culturalmente se encuentre dentro de nuestra región, pero creo que ese trabajo le corresponde hacerlo a la gente del bierzo, conocer la implicación del astur-leones en la sociedad berciana su pasado y futuro no es algo que nos deben decir como hacer desde león ni desde ningun lugar ni institución sino que debe nacer de la necesidad de la propia gente del bierzo. He escuchado algo sobre el ingreso de villablino y su comarca dentro del bierzo, sin duda eso aportara algo al astur-leones en el bierzo.

Anónimo dijo...

Who knows where to download XRumer 5.0 Palladium?
Help, please. All recommend this program to effectively advertise on the Internet, this is the best program!